Os tres senadores do PP de Lugo en importantes Comisións da Cámara Alta

Os senadores electos pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela Rodríguez, veñen de ser designados en destacadas Comisións da Cámara Alta. Estes novos nomeamentos súmanse á elección no día de onte de Jaime de Olano como vicesecretario de Participación do PP e á de Barreiro como voceiro de Economía en dito órgano das Cortes Xerais.

Deste xeito, “os tres senadores amosan a súa satisfacción pola confianza depositada na súa persoa para desempeñar as responsabilidades que lles foron outorgadas, e manifestan o seu compromiso para “impulsar iniciativas que beneficien aos españois, aos galegos e aos lucenses, en particular”.

Comisións

Os nomeamentos realizados no día de hoxe son os seguintes. Ademais de voceiro de Economía, José Manuel Barreiro foi designado voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular nesta Cámara; coordinador da Área Económica; vicepresidente da Comisión de Economía e Empresa; voceiro da Comisión de Incompatibilidades e vogal das seguintes Comisións: Ciencia, Innovación e Universidades e Xeral de Comunidades Autónomas.

Rosa Arza formará parte as Comisións de Dereitos da Familia e Adolescencia, sendo voceira de Familia; voceira adxunta da de Incompatibilidades e membro da de Función Pública.

Manuel Varela Rodríguez, das de Industria, Turismo e Comercio, sendo voceiro de Comercio; e membro da de Xeral das Comunidades Autónomas e de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Ao igual que fixo a presidenta provincial na tarde de onte, Elena Candia, tamén quere poñer en valor a “importante” representación dos tres senadores lucenses. “Creo firmemente que Lugo gaña con esta representación” e non dubida, insiste, “en que se traducirá nun traballo sin descanso para defender con absoluto rigor aos lucenses dende a posición que ten o Partido nas institucións centrais”.

Novas relacionadas

  1. Manuel Veiga Díaz
    Ago 01, 2019 - 04:47 PM

    Van cobrar máis sen dar pau!
    Hai que foderse!

    Reply
  2. Mari Dominguez
    Xul 31, 2019 - 11:24 PM

    Sempre os mesmos

    Reply
  3. Manuel Quiroga Lopez
    Xul 31, 2019 - 08:11 PM

    Vaia tres 🤣🤣🤣😞

    Reply
  4. José Manuel González Díaz
    Xul 31, 2019 - 06:47 PM

    Comisions de non dar golpe?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com