" />

Os veciños da Tinería convocan a primeira reunión de traballo para o 29 de novembro

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios do barrio da Tinería, tras levar a cabo a constitución oficial da mesa na que se acordou convocar nun prazo aproximado de  Asociación de Vecinos, Comerciantes y Empresarios  días a primeira reunión de traballo, anunciou hoxe que queda convocada dita reunión para o vindeiro mércores 29 de novembro ás 18:00 horas nos locais da APEC.

Dende esta asociación aseguran que acollen “con gran agrado” as noticias publicadas estes últimas días nas que se anunciaba a compra dos locais por parte do Concello de Lugo e a reinversión, por parte da Xunta, deses mesmos cartos na compra e rehabilitación de máis edificios no barrio.

Os obxectivos cos que a asociación convocou a mesa, pasan por vitalizar a nivel social o barrio, impulsar a actividade económica e desenrolar actividades culturais e de fomento experiencial así como pór en valor o patrimonio cultural e turístico do barrio. Todo eso sen esquecer a meta final que é dinamizar de forma integral o barrio de A Tinería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo