Os veciños de Perdouro, en Burela, repetirán eleccións este domingo

As eleccións municipais que tiveron lugar o pasado 26 de maio repetiránse este domingo na mesa de Perdouro, no Concello de Burela despois de que o Tribunal Superior de xustiza de Galicia estimara o recurso presentado por Burela Sempre por seris votos que foron declarados nulos pero que poderían terlle dado un concelleiro a esta formación, que se quedou a un voto de obter represntación neste Concello.

A formación, impulsada dende Becerreá polo seu alcalde, Manuel Martínez, obtivo 6.03% dos apoios nunca corporación dirixida polo PSOE con 6 ediles, e con PP (4) e BNG (3) na oposición.

Neste senso, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou aos 630 electores da mesa electoral 01-005 U, situada no IES O Perdouro, a participar destes novos comicios.

“É unha responsabilidade de todos os cidadáns a eleccións dos nosos representantes municipais”, destacou a delegada quen asegurou que, co voto, os electores “axudarán a decidir a composición da nova Corporación municipal e, en definitiva, o futuro de Burela”.

As votacións poderanse efectuar entre as 9 e as 20 horas e a mesa electoral estará formada polos mesmos cidadáns que foran elixidos para os comicios celebrados o 26 de maio.

Burela é o único concello galego no que haberá eleccións locais parciais este domingo, pero tamén se deberán repetir os comicios noutras mesas electorais dos concellos de Granja de la Costera (Valencia) e Cordobilla de Lácara (Badajoz), así como en distintos municipios e entidades locais de Burgos, Gipuzkoa, Navarra, León, Palencia e Soria, nos que non se presentaron candidaturas nas eleccións do mes de maio.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Nov 14, 2019 - 02:09 PM

    Si non se vota en todas as mesas, non e normal.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo