" />

Patrimonio aclara que o Concello é o único competente para corrixir a catalogación do edificio de Correos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural volve reiterar, como vén facendo desde 2018, que o Concello de Lugo é a administración competente para corrixir a catalogación do Edificio de Correos. Trátase dun inmoble que foi catalogado por erro polo propio Concello a través do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tal e como recoñeceu a administración local, e debe ser o Concello quen emende esta situación seguindo a lexislación vixente.

Con este motivo, no día de hoxe o departamento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia respondeu, como vén facendo nos últimos tres anos, un escrito do Concello de Lugo respecto a esta cuestión. Nel volve explicar que, como establece o artigo 31 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, “a catalogación dun ben poderá deixarse sen efecto ou modificarse, seguindo os mesmos trámites necesarios para a súa inclusión, neste caso a través do procedemento de modificación do instrumento urbanístico polo que foi incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia”.

Cómpre lamentar a confusión xerada á cidadanía por outras administracións, tratando de facer crer que é responsabilidade do Goberno autonómico a realización dun trámite que, en realidade, compete ao Concello. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural unicamente debe informar este cambio unha vez que o Concello o realice.

Trátase dun trámite sinxelo que Adif e o Concello de Lugo coñecen desde hai tres anos, pois a primeira consulta ao respecto recibiuse o 21 de agosto de 2018 e foi respondida ao día seguinte. O Concello ten recoñecido o erro verbalmente ante os medios de comunicación, pero descoñécese por que non o corrixe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo