Patrimonio enviará o luns o visto bó para os proxectos do CIS da Residencia e o derrubo do Xeral

A Consellería de Cultura e Turismo remitirá o próximo luns as resolucións favorables para o proxecto de derrubo da antiga Residencia Xeral e para as actuacións previstas no Materno Infantil, que albergará o primeiro Centro Integral de Saúde (CIS) de Galicia; estas últimas xa contaban con informe favorable de Patrimonio, se ben se condicionou a que se respectaran as vidreiras, aspecto que recolle agora expresamente o proxecto. Ambos asuntos foron debatidos hoxe no Consello Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que “con esta autorización, damos un paso máis que permitirá avanzar tamén na tramitación das licenzas”. De feito, anunciou que a Consellería de Sanidade solicitará ao Concello de Lugo licenza para o derrubo de forma inminente, e lembrou que a Administración local “xa pode tramitar a outra petición que ten sobre a mesa, a licenza para o Materno”.

“A Xunta actúa con dilixencia e solicitamos do Concello a mesma disposición para que estas iniciativas tan importantes para a cidade poidan ser unha realidade no menor tempo posible”, asegurou o delegado.

Por outra banda, a vindeira semana tamén se remitirá a resolución favorable de Patrimonio para o proxecto de mellora de eficiencia enerxética da Audiencia Provincial, que neste caso depende da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo