" />

Paula Verao encabeza xunto a Villares a lista de En Marea en Lugo

Paula Vázquez Verao, da candidatura Rede Mareas Lugo, será a número dous de En Marea na provincia de Lugo, tal e como daba a coñecer esta tarde o partido tralo seu proceso de primarias. O número un da candidatura na nosa provincia será o candidado á presidencia da Xunta da formación, Luis Villares.

Villares recibiu o respaldo dos simpatizantes de En Marea como candidato á Xunta, ao obter o voto favorable do 86,8% dos participantes nas primarias do partido, é dicir, uns 8.804 votos.

Segundo deron a coñecer esta tarde membros do partido, o proceso destacou pola súa elevada participación. Depositaron o seu voto máis de 10.000 persoas, o que supón máis do 75% do censo do partido instrumental.

O resto de lista de En Marea na provincia queda do seguinte xeito:

  1. Luis Villares Naveira
  2. Paula Vázquez Verao
  3. Víctor Andrés Álvarez Arias
  4. María Isabel García Díaz
  5. José Manuel “Josito” Pérez Afonso
  6. María Victoria Esteban Riesco
  7. Bernardo Fraga Galdo
  8. Natalia Prieto Fernández

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo