" />

Peche perimetral de Lugo, toque de queda ás 22.00 e hostalería ata as 18.00 horas: as novas restriccións da Xunta

Tralo agravamento da situación epidemiolóxica, o Goberno Galego vén de anunciar novas restriccións que comezarán a ser efectivas a partir do vindeiro venres. Así, quedará prohibido circular pola vía pública entre as 10 da noite e as 6 da mañá, unha hora de toque de queda máis que ata o de agora, que comezaba ás 11 da noite. 

Por outra banda, a hostalería galega deberá pechar as súas portar a partir das 6 da tarde e os comercios terán de límite de apertura as 9.30 da noite. Ademáis as reunións con non convivintes quedarán limitadas a catro persoas.Unha medida, esta última, que vén tamén acompañada doutras recomendacións: a de evitar este tipo de reunións ou encontros con non convivintes ou a de saír únicamente para levar a cabo actividades esenciais. 

Por último, as actividades deportivas quedan limitadas a un máximo de catro persoas con aforos interiores limitados ao 50%, mentres que en locais culturais o aforo será de 500 persoas ao aire libre e de 250 no interior e sempre sentados. Ademáis, máis de 60 municipios permanecerán con peche perimetral, entre eles Lugo, Vilalba, Viveiro e Xove.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo