Pedrafita disporá dunha nova máquina quitaneves

O Concello de Pedrafita do Cebreiro disporá dunha nova máquina quitaneves que  a Deputación axudou a adquirir para este ente municipal, realizando un investimento de 18.000 euros. Trátase dunha colaboración entre ambas administracións para dotar a este municipio da montaña lucense, dunha ferramenta de primeira necesidade para  paliar pos efectos que cada inverno deixa a climatoloxía, pois é un dos Concellos máis afectados durante os meses de máis frío, pola acumulación de neve e xeo.

Con esta nova máquina, o Concello poderá acondicionar vías de titularidade municipal e provincial durante os días de maiores nevaradas, complementando, deste xeito ás labores que ofrece de xeito totalmente gratuíto a Deputación a través do dispositivo invernal.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com