Pequeno repunte no número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas houbo un pequeno repunte no número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo con 6 novos positivos, o que sitúa á área de Lugo en 80 casos activos por Covid-19. De estes 80 casos, destacamos que 56 sitúanse no distrito sanitario da Mariña, que suma 8 positivos con respecto a onte.  Das 60 PCR realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, 8 arroxaron resultado positivoe as restantes 52 foron negativas. Neste momento a porcentaxe de PCR positivas é moi baixa respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña, cando aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas.

Así mesmo, destacar que todos os novos positivos que se seguen a detectar nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar a transmisión e conter o brote.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización é de 180; deles 43 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 4 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 31 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 170 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.197 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 240.281.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com