" />

Pistoletazo de saída da campaña electoral para as eleccións municipais

Onte as doce da noite deu comezo a campaña electoral para as vindeiras eleccións do 24 de maio. Os candidatos á alcaldía de Lugo realizaron diversos actos, que incluíron dende a tradicional pegada de carteis dos populares, percorridos en bicicleta por parte dos nacionalistas, ou unha viaxe en tren dos socialistas, dende Sarria ata a capital lucense.

O Partido Popular de Lugo escolleu a Praza Maior diante da fachada principal do Concello, como punto de partida para o arranque da campaña electoral, na que participaron entre outras autoridades o Presidente Provincial dos populares, José Manuel Barreiro.

O candidato á alcaldía Jaime Castiñeira invitou aos lucenses a sumarse ao proxecto de cidade do Partido Popular, afirmando que o seu partido é o único que ofrece un proxecto con propostas realizables e cumpribles.
Hoxe, Castiñeira celebrou a que chamou a Maratón polo Emprego, sinalando que o traballo será unha das súas prioridades se é elixido alcalde.
Escoitámolo:

 

Pola súa banda, os socialistas lucenses encabezados polo alcalde de Lugo, José López Orozco, elexiron unha viaxe en tren dende Sarria ata Lugo, como forma de reivindicar mellores servizos ferroviarios para a cidade.
José Blanco, ex-ministro socialista de Fomento, ou secretario provincial dos socialistas, Juan Carlos González Santín, entre outros, participaron neste chamativo inicio de campaña.
Escoitamos ao alcalde e candidato socialista, José López Orozco:

 

O BNG-AA.AA, con Rubén Arroxo á cabeza, diríxíuse no acto de arranque de campaña “aos traballadores, aos parados e aos mozos e mozas que teñen que marchar de Lugo para atopar traballo,” para que “o 24 de maio se revelen co seu voto contra o actual modelo económico”. Esta mañá, Arroxo anunciou que porá en marcha políticas activas contra a violencia de xénero.
Escoitamos ao candidato no seu discurso de onte á noite:

 

Alternativa Cidadá de Esquerdas, encabezada por Carlos Portomeñe, quixo facer fincapé en que chegou a hora da xente que vive a política, e acabou o tempo da xente que vive da política. Falaron dun Lugo de museos e polígonos industriais baleiros, e de proxectos urbanísticos pantasma que segundo afirmou Portomeñe, arruinaron a economía dos lucenses.

As novas alternativas que ofrecen as municipais deste ano, Cidadáns Lugo con Olga Louzao á cabeza, e Lugonovo con Santiago Fernández Rocha, comezaron a campaña recalcaldo novamente as súas principais liñas programáticas, e instando aos lucenses a confiar en eles como unha nova alternativa aos partidos que sempre gobernaron a cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo