O pleno aproba por unanimidade a creación dun Skate Park

O pleno da corporación aprobou por unanimidade a inciativa do BNG–AA para acometer a construción dun Skate Park homologado e apto para adestramentos e competicións na cidade de Lugo. Ao pleno asistiron representantes do North Skateboarding Club colectivo do que xurde esta demanda, un colectivo recentemente constituído para formalizar propostas de promoción deste deporte que cada vez gaña máis practicantes na cidade.

O estado das instalacións existentes no parque da Milagrosa poñen en perigo a propia seguridade das persoas que acoden a patinar, debido a importantes ocos no pavimento que poden provocar caídas, pezas soltas ou con parafusos caídos, taboleiros cambiados de sitio sen ningún control. Para o BNG-AA que a construción dun Skate Park en Lugo é totalmente asumible economicamente.

Rubén Arroxo resaltou que “Lugo é a única das 7 cidades galegas que non conta cunhas instalacións deportivas acondicionadas para poder levar a cabo a actividade de skate dunha forma correcta, a día de hoxe as infraestruturas existentes non son aptas para a realización desta disciplina deportiva”. Arroxo enumerou as deficiencias das actuais instalacións que non foron feitas por empresas especializadas, o cal provoca defectos como a falta dun pulido axeitado da superficie, remates sen redondear ou material inadecuado.

“Co fin de que Lugo conte cunha infraestrutura coas mínimas condicións para unha práctica adecuada. Á hora de executar isto é primordial contar con persoal técnico e empresas especializadas na materia, para evitar os erros construtivos que se deron no da Fonte dos Ranchos ou no de Frigsa e que impiden a realización deste deporte de forma correcta e apropiada” sinalou Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com