" />

A Policía Local detén pola forza a unha condutora que da positivo en alcol tras sufrir un accidente

A Policía Local de Lugo instruiu onte dilixencias xudiciais contra unha muller de 35 anos de idade por negarse a someterse a facer unha proba de detección de drogas, tras sufrir un accidente de circulación na cidade e presentando síntomas ademáis de ter vertido un resultado positivo na proba de detección de alcol.

Ao redor das cinco e media da tarde de onte o turismo no que viaxaba a muller colisionou frontalmente contra o muro de peche da finca do inmoble número 26 da rúa Dolmen, achándose dous ocupantes no interior do vehículo e rexeitando ambos recibir asistencia sanitaria.

Os axentes observan que a condutora, presenta síntomas de consumir drogas ou alcol e a someten a unha proba de alcolemia, arroxando un resultado de 0,19 e negándose a someterse ás probas de detección de drogas. A muller presenta ademais, segundo indica a Policía Local nun comunicado, unha actitude hostil e agresiva contra os axentes. A muller atizoulle unha patada a un dos intervintes e tentou morder ao outro, ademáis de proferirlles numerosos insultos.

Os axentes procederon á súa detención, á que a condutora opuxo resistencia polo que tivo que ser reducida pola forza e facer uso dos grilletes. A muller foi conducida ao HULA polos axentes onde foi asistida por persoal sanitario contra o que tamén se mostrou agresiva e lles solicitou a alta voluntaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo