Tedes tempo para un café?
Olga era a que propoñía, a dos consensos e ao mesmo tempo mantiña un temple sereo. A Olga era a quen lle tremía a voz lendo os nomes das asasinadas, chegaba ás présas, acariñábanos o brazo e disculpábase por non nos dar unha aperta.
Olga era das mulleres de loita, das que o teñen claro, das que están dispostas a volver a empezar , a volver a debater, a falar.
Dixonos , eu vou falar con todos, outra vez, as veces que sexa, vou escoitar.
Porque Olga era das que escoitaba, das que expoñía con coherencia, porque era coherente, comprometida, das feministas da pé, das mulleres loitadoras coma ben o amosou levando cunha dignidade admirable a súa saúde. Lémbroa sentada con Paula, nun banco frente á muralla, cada unha con cadanseu móbil e ela xustificándose, poderás crelo ou non, estamos a traballar.
E xa non están. Ningunha das dúas.
Pero a pegada de Olga non pode marchar, nin o seu talante.
Claro que podemos tomar café.



