Portavoces dos grupos minoritarios no Concello acordan propostas de cara ao Pleno de Organización

Portavoces dos grupos políticos con representación na corporación municipal de Lugo, agás PP e PSOE, mantiveron hoxe unha xuntanza para acordar diversas cuestións de cara ao pleno de organización da vindeira semana. BNG, Lugonovo, ACE e C´S consensuaron hoxe unha proposta que lle presentarán ao equipo de goberno e que lle trasladarán ao PP xa que, ámbolos dous, non asistiron a este encontro que se realizou en réxime de autoconvocatoria.

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, que xa reclamara en días pasados a celebración dunha xunta de portavoces, afirmou “que “hoxe quedou claro que os grupos que estamos fora do bipartidismo temos suficiente capacidade para tomar a iniciativa cando hai un baleiro de liderazgo por parte deste goberno en minoría que fuxe de falar no foros nos que hai que chegar a acordos””.

Dentro da proposta consensuada hoxe, establecéronse pautas para definir o que deben ser as competencias de cada un dos órganos de representación e goberno do concello. Ademais as catro forzas, BNG, Lugonovo, ACE e C´S manifestaron a necesidade de garantir o acceso dos grupos da oposición a toda información relacionada cos distintos expedentes administrativos e acordos de goberno. Tamén salientaron a necesidade de garantir a presenza dos grupos políticos naqueles órganos municipais que teñen poder de decisión e nos que é posible a súa representación.

Un dos contidos da proposta contempla unha alternativa á estrutura de liberacións de concelleiros e asesores que presentou o PSOE hai uns días. Os portavoces acordaron unha serie de modificacións para adecuar a asignación de medios aos grupos políticos en función das súas necesidades reais e mantendo a redución prevista do gasto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo