" />

O PP busca no Pleno a defensa do AVE a Lugo, sen resultados

O Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego votaron non, no pleno provincial de hoxe, á proposta do Partido Popular para acadar un acordo de todos os grupos políticos na defensa do AVE a Lugo. Deste xeito, os dous grupos opuxéronse a unha iniciativa que os populares levaron ao Pleno porque, tal e como subraiou o deputado popular, Antonio García, “a nosa intención é que a Alta Velocidade sexa unha realidade no menor tempo posible e que esta provincia non quede fóra desta infraestrutura”.

Con esta iniciativa, esta formación política quere demostrar unha clara aposta para que Lugo non quede sen AVE. Por iso, “máis que entrar noutro tipo de controversias”, o que pretendían “era unha estratexia conxunta de todos os grupos políticos e de todos os colectivos que tamén están a favor”, precisou o voceiro popular, lamentando así que nacionalistas e socialistas rexeitasen sumarse a esta iniciativa.

A moción presentada polo PP forma parte dunha programación estratéxica, que foi anunciada en días pasados pola voceira do Grupo Provincial e o voceiro do Grupo Municipal, e impulsada coa finalidade de sumar apoios para que Lugo non quede fóra do mapa ferroviario.

“Nós non nos agochamos. Instamos ao Goberno e á Xunta, gobernados polo PP. Por tanto, non é unha moción partidista e facémolo, ademais, nun momento no que estamos antes de que se aproben os Orzamentos do Estado. Alá se quedan os que non queren sumarse. É unha mágoa”, remarcou José Antonio García.

Modificación de ordenanzas

Doutra banda, os Populares levaron tamén a pleno unha moción para modificar a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por autorizacións deobras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais e da relativa ao aproveitamento especial dos bens de dominio público. O Grupo Provincial do PP acadou a unanimidade para esta moción co fin de que se estableza a exención do pagamento deste imposto aos Concellos.

Os populares solicitaron así ao Goberno provincial, e a través da súa moción, a revisión destas normas, que ademais de ser moi antigas, ao datar dos anos 90, afectan directamente á economía das entidades locais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo