O PP celebra que os Orzamentos da Xunta recollen “os grandes compromisos de Feijóo con Lugo”

Os deputados autonómicos do PP, Encarna Amigo e Jaime Castiñeira, unha vez coñecido o documento de Orzamentos da Xunta para 2018, destacan que este contempla “os grandes compromisos” de Feijóo con esta provincia, así como as principais demandas dos lucenses; na mesma liña que falaba onte o voceiro popular municipal. E é que, grazas a este esforzo da administración autonómica, a provincia sitúase “no primeiro posto” en inversións do Goberno galego; o que supón, remarcan os populares, que o PP destine a cada lucense preto de 4.000 euros.

Con estas contas, “que recollen o sentir dos lucenses, gañamos en servizos e espazos públicos”, ao tempo que se demostra que esta Xunta non só non esquece a Lugo, senón que é a única administración de Galicia que verdadeiramente garante estabilidade e consolida a recuperación económica”, defenden. Neste senso, agradecen ao Executivo “a implicación con Lugo e a provincia”, pois constátase que, “son uns presupostos cumpribles e que son o resultado dunha rigorosa xestión”. “Con Feijóo os ditos, son feitos”, remarcan.

Entre os moitos exemplos que puxeron os deputados desta futura inversión, destacaron as partidas para os “grandes proxectos”, que están a ser liderados pola administración. É o caso do novo barrio da residencia en Lugo, que dispón de partidas dirixidas á creación do primeiro centro integral de saúde de Galicia (200.054 €) e da Oficina de emprego e formación (250.000 €). No ámbito sanitario, o Goberno galego tamén fai “unha aposta extraordinaria” ao incluír 587.000 euros para Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, con sede na capital lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com