O PP critica que Méndez presuma de liquidez sendo o concello galego que peor paga

O Grupo Municipal do Partido Popular pon o punto de mira na calidade de pago a empresas e prestadores de servizos do Concello de Lugo lamentando estes teñan que sufrir retrasos de case dous meses para cobrar o seu traballo. Segundo os datos do mes de novembro, do informe que onte fixo público o Ministerio de Facenda, o Período Medio de Pago en Lugo é de 54,93 días o que nos sitúa como a gran cidade de Galicia que peor paga e tamén se coloca entre as 11 capitais de provincias españolas que incumpren o período medio de pago de 30 días.

Antonio Ameijide explica que segundo os datos deste informe de novembro de 2017 se desprende que Lugo remata o ano 2017 cun importe de pagos pendentes de 11,3 millóns de euros. “En dous meses incrementaron a cifra en 2,5 millóns de euros, tomando como base os 8,8 Millóns de euros que figuraba no informe de setembro”, o que ratifica que a xestión económica de Lara Méndez non mudou e segue a ser nefasta e empeorando”.

Para os populares o feito de que os socialistas de Lugo necesiten 54,9 días para pagar as súas débedas aos proveedores é un prazo excesivo. “Non se entende que presuman de contas saneadas”, afirma o popular acusándoos de sufrir “unha miopía política aguda e de crerse as súas propias mentiras” matizou o popular.

Ameijide explicou que “lamentablemente, Lugo segue situada como primeira gran cidade galega que peor paga”. O popular detallou que casi duplicamos os días de demora con que se pagan as facturas en Santiago cunha media de 34,43 euros, Ourense que paga en 26,18; e estamos moi lonxe dos 19,59 de A Coruña ou os 8,27 días de Pontevedra”.

O voceiro dos populares considera que esta situación, que tantos perxuizos ocasiona ás pequenas e medianas empresas así como aos autónomos de Lugo, é froito da parálise na que está inmerso o goberno socialista lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com