" />

O PP desvela que o Concello deixou de cobrar 2.000 recibos de impostos e taxas

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que a xestión da recadación por parte do goberno socialista “é un despropósito” e que a concelleira de economía debería tomar decisións e adoptar medidas máis contundentes para evitar o problema dos recibos imposibles de cobrar que se consolidan ano a ano.

O voceiro do PP, Antonio Ameijide, explicou que os créditos incobrables ascenden a un total de 341.180,24 € puntualizando que “os importes máis cuantiosos que adebedan, 27 particulares e 19 empresas, corresponden aos impostos de subministro de auga, Imposto de Bens Inmobles e Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica”.

Ameijide explicou que antes de que tesourería asine o decreto no que se recoñece que estes importes non se van cobrar os contribuintes xa recibiron os avisos pertinentes primeiro, polo procemento ordinario, e logo por vía executiva co recargo correspondente. No caso de Lugo estamos a falar de 1989 recibos que corresponden a varios exercicios contables.

Para Ameijide “non é de recibo que a señora Prieto presuma de gran xestión en materia económica está orgullosísima de amortizar débeda e do superávit municipal pero non di nada do problema da morosidade. Debería explicar porque nos dous anos como concelleira non tomou nin unha soa decisión para frear o incumprimento sistemático no que incurren empresas e particulares que non pagan os seus impostos en tempo e forma”. Ameijide insiste en que en materia de recadación o único que fixo foi desmantelar inspección tributaria para externalizar o servizo lembrando como na actualidade esta empresa engrosa a colección de prestacións externalizadas e que presta servizo con contrato caducado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo