O PP di que os veciños de Paulo Favio Máximo non existen para o goberno municipal

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo seguen coa análise do estado da cidade e continúan a realizar as visitas aos barrios, nesta ocasión achegáronse ata a Avenida Paulo Fabio Máximo, na contorna do centro comercial As Termas, e denuncian “o alarmante estado de abandono ao que o goberno local ten sometido aos veciños desta zona. O voceiro municipal popular Antonio Ameijide; o vicevoceiro popular Enrique Rozas; e o concelleiro Ángel Trabada comprobaron as necesidades da veciñanza”. O voceiro popular explicou que “ao igual que sucede con outras zonas da cidade, semella que os veciños deste barrio non existen para o goberno socialista”.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular fixéronse as xestións oportunas para que as outras administracións con propiedades na zona acondicionasen as súas propiedades. “Unha vez que a Xunta cumpriu agora é a quenda e do Concello de Lugo”, dixo o voceiro popular.

Antonio Ameijide afirmou que “é urxente que se roce nesta zona. A maleza invade as beirarrúas e os veciños teñen que baixar á calzada para poder transitar, co conseguinte perigo de ser arrolados por un vehículo. Pero, por se non fora pouco, hai tramos nos que non se rematou a beirarrúa e os veciños só teñen dúas opcións: pasar polo medio da maleza ou camiñar á beira dos vehículos”.

O voceiro popular tamén criticou que “no plan xeral de ordenación nesta zona aparecen todas as rúas conectadas, pero nos atopamos con que o Concello permita que siga sen pavimentar un área de 163m2, o que supón que non exista unha unión entre dúas rúas polo que se perde un acceso para as zonas de xogo e o supermercado da zona”.

Unha situación problemática á que o goberno local non da solución, pero non é a única traba coa que teñen que convivir os veciños. O voceiro popular asegurou que “o abandono chega a tal punto que nin se recolle o lixo que hai no chan”.

As zonas de xogo para os rapaces son outra dos populares, ademais, nas pistas de baloncesto e fútbol 2é preciso mellorar as instalacións xa que as canastras están rotas e na maioría das ocasións os rapaces teñen que apartar o lixo para poder xogar”, dixo Ameijide.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com