" />

PP e Ciudadanos denuncian “flagrantes deficiencias” no mercado de abastos

Os grupos municipais do PP e de Ciudadanos denuncian a existencia de “flagrantes deficiencias” no mercado de abastos da cidade. A voceira de Ciudadanos, Olga Louzao sinala que, tras unha visita ao lugar”, puido constatar “deficiencias estruturais que precisan ser subsanadas por unha simple cuestión de seguridade e limpeza”. A este respecto a formación denuncia “limpeza deficiente” e baños pechados “nun entorno no que resultan absolutamente necesarios, xa que hai xente que traballa alí largas horas”.

No mesmo sentido, dende o Partido Popular denuncian a aparición de goteiras. A edil popular, Ana López Pombo, sinala que logo das chuvias do venres pasado a “auga caía con intensidade no centro do mercado, a carón dos postos e nun punto polo que teñen que pasar os compradores”. “Os propios vendedores chegaron a dicirnos que chovía igual dentro que fóra”, apunta López Pombo, quen engade que esta situación provocou “non só que os usuarios e comerciantes deberan ir esquivando a auga senón tamén que tiveran o risco de esvarar e caer”.

“Ningún de nós consentiría na súa propia vivenda o no seu negocio que houbera goteiras despois de invertir hai menos de dous anos 341.106 euros nunha reforma integral que incluíu a rehabilitación da cuberta”, asegura López Pombo,

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo