" />

O PP pídelle á Deputación que aclare cómo optar aos postos do Ben Empregado IV

O Grupo Provincial do PP pídelle a Deputación de Lugo que aclare cómo deben presentar as solicitudes os interesados en optar ao Ben Empregado IV, cuxas bases acaba de facer públicas o organismo provincial. Unha vez analizada a información feita pública polo Goberno Provincial desde o PP consideran que non establecen de forma clara cómo deben presentar as solicitudes os desempregados da provincia que decidan participar no programa col fin de ser seleccionados para traballar nas empresas beneficiarias do mesmo.

Desde o PP sosteñen que se trata dun proceso que non debera supor ningunha dúbida para os demandantes de emprego, senón que debera ser absolutamente claro e doado para aqueles que buscan traballo, de cara a súa inserción laboral. Así, nas bases que rexen a convocatoria pública para a selección dos desempregados no programa da provincia de Lugo Ben Empregado IV publicadas no BOP o pasado sábado, establécese que deben presentar as solicitudes na oficina virtual da axencia de colocación.

Así, os populares denuncian que a Deputación de Lugo nas pasadas edicións do programa Ben Empregado non facilitou a inscrición a través da sede electrónica como así debera facer con todos os procedementos deste tipo e trámites similares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo