" />

O PP propón 80 iniciativas “irrenunciables” para apoiar os orzamentos do 2018

O voceiro do PP no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acompañado polos concelleiros do Grupo, presentou hoxe un documento con 80 propostas coas que condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais para o 2018. Este paquete de medidas céntranse en catro eixos prioritarios de actuación como son a xestión municipal, a mellora
das infraestructuras e urbanismo, a acción social e a zona rural.

Antonio Ameijide salientou que “se trata dun borrador cun bloque de propostas de mínimos irrenunciables” puntualizando que “moitas delas están abertas a negociar e consensuar”. “Vémonos obrigados a tomar esta iniciativa porque, por terceiro ano consecutivo, rematamos o ano sen saber cal é a folla de ruta do PSOE para os vindeiros 12 meses” indicou.

As propostas do Grupo Popular teñen un triple obxectivo, segundo indicou o seu voceiro, “desbloquear a parálise do Concello, mellorar as infraestructuras e fomentar o emprego” matizando que “se trata de propostas pensadas no día a día dos veciños e para as familias e sobre todo para mellorar a prestación de servizos e as infraestructuras”.

Entre as propostas de mínimos o popular salientou como “irrenunciables” elaborar una Oferta de Emprego Público (OEP) para o ano 2017 e 2018 axeitada as necesidades reais do Concello en materia de recursos humanos, así como a execución das OEP de 2015 e 2016; iniciar os trámites para que, no prazo de tres meses, se saquen a concurso público os servizos municipais que nestes intres se seguen prestando sen contrato con especial mención ao ciclo da auga,  alumeado público, guindastre, recollida de lixo …

Outras propostas “innegociables é cumprir co periodo medio de pago aos proveedores así como a remodelación integral e consensuada do transporte establecendo gratuidade para xubilados, persoas con escasos recursos e menores de 18 anos”. A actualización do PEPRI, a aprobación definitiva do Plan Xeral e adaptalo
a Lei 2/2016 do Solo de Galicia , habilitar unha partida para adquisición dos baixos da tinería así como o peche do cinturón verde e a creación da praia fluvial son outras propostas destacadas. Por último a posta en marcha dun Pacto contra a Pobreza e a mellora dos servizos do rural completan este paquete de suxestións para os orzamentos.

Outros puntos do borrador de orzamentos son establecer unha dotación orzamentaria suficiente para a implantación de xeito efectivo de todos os trámites pendentes na administración electrónica. Reserva dunha partida para crear unha nova delegación da policía na zona norte e unha unidade administrativa no centro. Incluír unha partida orzamentaria para a ordenación dos aparcadoiros da vía pública implantando un sistemarotatorio e gratuíto e, por último, a creación dunha brigada específica para o mantemento das instalacións deportivas.

En canto a mellora de infraestructuras e urbanismo os populares propoñen a actualización do Plan Especial do Recinto histórico; ampliar o ámbito da peonalización da rúa Quiroga Ballesteros dándolle continuidade ata o final completando este tratamento peonil no tramo que vai entre San Froilán e Bolaño Rivadeneira; finalizar o plan parcial da Louzaneta; elaborar un plan de aproveitamento de instalacións municipais sen uso, trámites para creación de novas Áreas de Rehabilitación Integral, impulsar a instalación dos ascensores en Sagrado Corazón e Fontiñas, remate biblioteca Piringalla, desdobramento Duquesa de Lugo e instalación de alumeado público, tamén instalación de puntos de luz no paseo do Miño á altura do balneario, creación dun novo canil.

Entre as demáis obras a levar a cabo os populares destacan as iniciativas relativas á seguridade viaria e a mellora da mobilidade, á mellora de infaestruturas deportivas e das zonas rurais e á acción social como fomento de emprego, partidas de emerxencia social ou prevención de violencia de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo