O PP reclama ao Concello de Lugo que se subsanen as deficiencias dos canís

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP, Ana López Pombo, reclamou ao Goberno Local que repare inmediatamente todas as deficiencias que presentan os tres canís que hai na cidade xa que, asegura, “non se pode consentir a imaxe que da algún deles”.

López Pombo fai esta petición logo de realizar un chequeo aos tres canís: o de Acea de Olga; o das Estantigas, no centro de Lugo; e o do parque de Frigsa que, asegurou, é o que peores condicións presenta. “Case non queda céspede polo nulo mantemento da zona. E, o peor de todo é que os usuarios, para gardarse da chuvia, introduciron unha marquesiña vella de autobús e forrárona con plástico para non mollarse cando chove”, explica a edil quen asegura que a imaxe “é terceiromundista”. A vicevoceira engadiu que un usuario tivo que poñer o peche a porta, pois ata o ano pasado só tiña unha corda.

“Ademais- proseguiu López Pombo- son os propios usuarios quen teñen que baleirar as papeleiras do interior do canil, xa que os servizos de limpeza non o fan”.

Neste mesmo senso, á vicevoceira tamén lle chamou a atención o estado do canil das Estantigas, no interior da Muralla, e destacou que o cartaz informativo da entrada o pasado ano era ilexible e o goberno local, ante esta situación, “o único que fixo foi pintalo totalmente de vermello”.

A valoración da popular respecto ao estado dos canís é moi negativa e lembra que hai un ano o PP xa denunciou estas deficiencias “polo que o estado dos mesmos empeorou”.

Noutra orde, esta fin de semana os ediles do Partido Popular no Concello de Lugo denunciou o estado “lamentable” no que se atopa a pista de baloncesto do polideportivo do parque de Frigsa, que “impide calquera tipo de práctica deportiva xa que se atopa totalmente inutilizable debido ás engurras que ten e a que unha parte da instalación atópase levantada”.  Por esto, o PP municipal urxe ao Goberno socialista local que reparen de maneira inmediata esta pista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com