Presentación da XV edición do Festival xuvenil de Teatro Grecolatino

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou o XV Festival Xuvenil do Teatro Grecolatino que se celebra entre os días 2 e 4 de marzo e no que participan alumnos dos centros de secundaria de toda Galicia e zonas próximas.

No caso de Lugo xa está confirmada a asistencia de preto de 4.000 alumnos pertencentes a máis de 90 centros de toda Galicia e das provincias limítrofes como León ou Asturias. Esther Muñóz sinalou que “esta actividade que está máis que consolidada achega a 4.000 estudantes que ademais coñecerán Lugo e gozaran da cidade”.

A Mostra de Teatro Grecolatino organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro aos mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións.

O Programa do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO 2015 que se levará a cabo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, é o seguinte:

Día 2 de marzo, luns:

12:00 EDIPO REY DE SÓFOCLES, SV Producciones, (Madrid)

17:00 CESTITA DE PLAUTO, SV Producciones, (Madrid)

Día 3 de marzo, martes:

12:00 ANTÍGONA DE SÓFOCLES, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 MILES GLORIOSUS, DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 4 de marzo, mércores:

12:00 MILES GLORIOSUS DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com