Presentación do premio “Facer País”

Os xardíns da Deputación de Lugo acolleron esta mañá a presentación do Premio “Facer País” que outorga a Asociación Cultural Val do Láncara , en recoñecemento a persoas ou entidades que destacan pola súa labor de promoción, defensa e vertebración de Galicia en calquera eido.

O galardón involucra a todos os colectivos culturais da comarca de Sarria, Val do Neira e O Corgo, que presentan as candidaturas e deciden o fallo.

O premio reúne a intelectualidade galega en Láncara

As asociacións teñen ata o vindeiro 20 de setembro para presentar as candidaturas ao premios que se fallará a finais de setembro. A entrega do galardón -unha obra artística- realizarase no mes de outubro na antiga casa consistorial de Carracedo.

Xurxo Rodríguez, membro de Val do Láncara e mestre do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, subliñou que “o premio rebasou as fronteiras do concello e da provincia para converterse xa nun certame galego que xunta en Láncara gran parte da intelectualidade do país”.

Na presentación do acto tamén participou Pablo Rivera, Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Láncara, e Iago Bande, edil nacionalista no municipio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo