" />

A conselleira de Sanidade comunica a negación da Xunta de Galicia a implantar a Hemodinámica 24 horas no HULA

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, comunicou esta mañá a negativa da Xunta de Galicia a poñer a disposición dos veciños o servizo de Hemodinámica 24 horas no Hospital Universitario Lucus Augusti, alegando que o servizo actual de oito horas instaurado en Lugo e Ourense, cubre o noventa por cento da demanda.

Fixóo logo da presentación esta mañá en Lugo, do programa de voluntariado Gold do Hospital Universitario Lucus Augusti, acompañada pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

O proxecto de voluntariado nace dentro do Plan de Humanización, co obxetivo xeral de establecer unha cultura que impulse a organización cara a mellora na atención aos pacientes.

Este programa, impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da súa web, ten como fin que todo aquel que queira participar, poida prestar o seu apoio aos doentes, a traveso do sistema sanitario.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo