" />

Presentada a 3ª Edición Programa Conecta Peme

A Fundación CEL -Iniciativas por Lugo acolleu ao longo de toda a mañá de hoxe o Taller Conecta Peme, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) coa colaboración da propia Fundación e a Confederación de Empresarios de Lugo coa finalidade de explicar en detalle as características de Conecta Peme, un programa de axudas do cal se publicará a convocatoria os próximos días e a traveso do que se financiarán proxectos de innovación promovidos e desenvolvidos por pequenas e medianas empresas galegas.

O obxectivo do taller era o de informar sobre as novidades da nova convocatoria e tratar de orientar ás empresas sobre como preparar proxectos con posibilidades de optar a este fondos, polo que o encontro incluíu a intervención de técnicos especializados de GAIN e encontros bilaterais entre estes e as empresas da provincia interesadas para a resolución de dúbidas.

Do interese das empresas de Lugo neste programa deu mostra este obradoiro, ao que se presentaron arredor de corenta empresas.

O programa de axudas Conecta Peme, financiada con fondos europeos, conta cunha dotación de 25 millóns e mobilizará preto de 40 millóns de euros e prevese que alcance a 50 proxectos. Estes proxectos terán que ser presentados por grupos de empresas en asociación ou consorcio. Para poder acceder a estes fondos, os proxectos terán que ter un orzamento de entre cincocentos mil e un millón e medio de euros dos que Conecta Peme poderá cubrir ata o 80% do total, serán promovidos por un mínimo de dous e un máximo de seis empresas. Nesta edición, ademais, permítese a posibilidade de incluír no consorcio promotor do proxecto a unha gran empresa, sempre que non supere a súa participación o 25% do total do orzamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo