Preto de 300.000 viaxeiros visitaron a provincia no primeiro semestre do ano

A Xunta de Galicia vén de anunciar que a provincia de Lugo segue a mellorar os seus datos de visitantes. Así, no primeiro semestre deste ano os establecementos hoteleiros contabilizaron 285.006 viaxeiros, o que supón un incremento do 13,4 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística(INE).

As pernoitas tamén experimentaron durante os seis primeiros meses do ano un aumento salientable, posto que a suba contabilizada é do 9,2 por cento. En total e no conxunto da provincia supuxeron 397.261. Con respecto ao primeiro semestre do pasado ano, a media de ocupación hoteleira tamén se elevou en 2,21 puntos este ano.

No que atinxe aos mercados emisores, tanto no que respecta a viaxeiros como a pernoitas, todos experimentan alzas salientables. En viaxeiros, a máis elevada é a que corresponde aos procedentes do resto de España e que supuxeron un incremento do 18,2 por cento neste primeiro semestre de 2015 con respecto ao mesmo período de 2014.

Por porcentaxe, séguelle os viaxeiros residentes noutros puntos de Galicia, cun 11,4 por cento, e os do mercado internacional, cun 9,4 por cento. No que se refire ás pernoitas o mercado nacional é, sen dúbida, o que ofrece mellores resultados posto que o incremento rexistrado sitúase en case 17 puntos.

Segundo os datos publicados polo INE, os establecementos hoteleiros da provincia de Lugo contabilizaron durante o mes de xuño preto de 80.000 viaxeiros, o que supón un incremento, con respecto ao mesmo mes do ano 2014, do 12,3 por cento; e o número de pernoitas, que se situaron en máis de 102.000, aumentaron en 5,3 puntos. A ocupación media subiu por riba do 2 por cento e durante as fins de semana, algo máis de tres puntos.

No que atinxe á procedencia dos viaxeiros, aínda que todas experimentaron un aumento durante este mes en comparanza co mesmo do pasado ano, salientan especialmente aos turistas internacionais, dado que o seu incremento situouse no 21,2 por cento, que se complementa coa suba do 15,5% nas súas pernoitas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com