" />

PSOE e colectivos impulsores da ILP piden en bloque a declaración de persoa non grata para a conselleira de Sanidade

O alcalde de Lugo, López Orozco, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e os colectivos que impulsaron a Iniciativa Lexislativa Popular para dotar de servizos ao HULA, piden en bloque a dimisión da conselleira de Sanidade e a declaración de persoa non grata na cidade de Lugo.

Fixérono esta mañá diante do HULA, logo das declaracións realizadas onte pola Conselleira Rocío Mosquera, nas que comunicaba a decisión da Xunta de Galicia, de deixar fora á provincia de Lugo, do servizo da hemodinámica 24 horas.

Segundo afirmou Mosquera, o servizo de oito horas que cubre o HULA, atende ao 90% da demanda lucense, é dicir, na provincia só se pode infartar de oito da mañá a tres da tarde, que é cando o servizo pode atender aos pacientes.

Escoitamos a Vicente Quiroga, ex-alcalde de Lugo, e presidente da asociación Abre la Muralla, principal impulsora da iniciativa lexislativa popular que pedía a implantación deste servizo no Hula, e que foi firmada por máis de 40.000 lucenses.


A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, secundou na súa totalidade as palabras de Quiroga, e amosou abertamente a súa indignación pola decisión da Consellería de Sanidade.
Escoitámola:


O Alcalde de Lugo, López Orozco, tamén criticou duramente a decisión de non implantar a Hemodinámica 24 horas na provincia de Lugo.
Escoitámolo:


O presidente da Federación Veciñal de Lugo, Jesús Vázquez, impulsora tamén da ILP, acusou a Conselleira de mentir nos datos que achegou onte, para xustificar a non implantación deste servizo en Lugo.
Escoitámolo:


Asemade, o voceiro de UXT, Eliseo Rivas, e da CIGa, Carmen Aira, criticaron a decisión comunicada onte pola Xunta.
Escoitámolos:

O voceiro popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira asegurou que esta mañá lle trasladou á Conselleira o seu malestar polas súas declaracións de onte, ao tempo que lle reiterou a súa postura de antepoñer e defender “por riba de todo” os intereses dos lucenses.

Escoitámolo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo