Ramón Carballo novo presidente do PP de Lugo

Ramón Carballo, único candidato a presidir o Partido Popular na cidade de Lugo, saíu elixido este serán onde votaron máis de 400 militantes. Na súa intervención, Carballo, destacou que o Partido Popular presentarase ás novas eleccións co obxectivo de que Lugo conte cun goberno cunha maioría suficiente que ofreza estabilidade.

Acompañarán a Carballo:  Enrique Rozas, no posto de Vicepresidente e o cargo de Secretaría Xeral, será desempeñado por Mari Teijeiro;  Mar Carballas, Vicesecretaria de Comunicación e Portavoz; Antonio Ameijide, Vicesecretario de Políticas de Emprendemento; Manuel López Fernández, vicesecretario de Medio Rural; e Javier Vázquez Nodal, Vicesecretario de Relacións cos afiliados e Procesos Electorais.

Ademais no Comité Executivo estarán: Teresa Taboada, Manuela Ferreiro, Eugenia Vizcaíno, Agustina Fernández, Raquel Castiñeira, Carmen López, Zoila Sánchez, Noemí Bello,  José Núñez, José Manuel Pereiro, Carlos Vázquez, Alfonso Ibias, José Manuel Dobarrio, José María Carballido, Vicente Quintás, Francisco López, Antonio Fernández, José Luís Castro, Juan Carlos Plaza, Alberto Lugilde, Jesús González, Juan Francisco Méndez, José Ángel Pardo e Manuel Rodríguez.

Intervención de Núñez Feijoo

O líder Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres na clausura do Congreso Local da súa formación en Lugo, na súa intervención, Feijóo pediu “lealdade, unidade e traballo en equipo” de todos os afiliados porque entende que a cidade “merece un proxecto que lle devolva a fe no seu Concello”.

O máximo mandatario dos populares galegos destacou que Ramón Carballo “leva moitos anos facendo esa política que de verdade importa: a que lles supón beneficios reais e tanxibles aos veciños”, así como a unanimidade que xerou arredor de si neste proceso de elección interna.

Así, Feijóo chamou ao partido a “construír xuntos” unha alternativa que sexa quen de aproveitar todas as potencialidades de Lugo para poñelas ao servizo da veciñanza. “Xuntos imos substituír as leas e bloqueos pola política útil, xuntos imos ofrecer solucións aos problemas dos cidadáns”, subliñou, para reivindicar que “un equipo non se conxuga en pasado, senón mirando ao futuro”, e que “o mellor da Historia de Lugo aínda está por chegar”.

 O presidente cualificou o actual goberno da cidade como “precario tripartito”, orixinado pola tendencia que vimos logo das últimas eleccións municipais nas que algúns partidos amosaron que “teñen como obxectivo central non deixar gobernar aos que gañan as eleccións”. E o resultado do executivo que encabezan os socialistas foi “parálise” ata nos aspectos máis básicos da xestión municipal,  “desavenencias continuas” entre os supostos socios, así como “moitas broncas, e moitos titulares de prensa, pero lamentablemente poucas medidas útiles para os cidadáns”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com