Ramón Vázquez: “ O anuncio de Feijoo encol de Rozas é unha medida electoralista e ademais non xera emprego”

O deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida, Ramón Vázquez, denuncio hoxe que “o señor Feijóo vén de escribir o enésimo capítulo da enciclopedia da mentira en torno a base de drons de Rozas, hoxe mesmo acaba de anunciar un investimento de 100 millóns de euros para a creación dun parque tecnolóxico industrial cando o anuncio anterior era que se ían investir 50 millóns de euros para a captacións de socios comerciais. Nós sabemos que esas captacións de socios comerciais se ten convertido na adxudicación a Airbus Defence deses proxectos de desenvolvemento de tecnoloxía militar”.

“E isto acontece despois de que se teñan invertidos 10 millóns de euros públicos da Xunta de Galicia no perimetraxe e mellora da torre de control e instalación de sistemas de seguridade no propio aeródromo de Rozas. Acontece, ademais, despois de que o presidente da Xunta de Galicia prometera que as probas de Rozas tiñan un carácter civil, e nós xa demostramos que o Grupo de Obtención por Sistemas Aéreos (GROSA), pertencente ao Reximiento de Intelixencia nº 1 do Exército, realizou probas en Rozas co dron militar israelí Searcher MK II”. explica Vázquez

“Tamén demostramos, cando denunciamos a instalación de concertinas no campamento militar de Parga, a 20 quilómetros do aeródromo de Rozas, que estes drons tiñan unha finalidade militar e se demostrou na realización posterior das manobras da OTAN neste campamento por parte das forzas conxuntas de 8 países e máis de 800 efectivos”. O uso militar do aeródromo de Rozas é a historia dunha sucesión de mentiras e enganos que Vázquez leva anos a denunciar dende Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Vázquez tacha a medida de electoralista ” nunha provincia como a de Lugo, ausente de investimentos importantes. Ao final da lexislatura, Feijóo pretende emendar unha acción de goberno nefasta para Lugo e Galicia, sen ningún tipo de proxecto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com