Raquel Arias lembra que a elección da nova presidenta do PP de Lugo será o 6 de marzo

A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo “lembra” que o congreso extraordinario da formación política celébrase o vindeiro 6 de marzo.

“Hai algúns que parecen estar despistados sobre as etapas que fixa o propio proceso de elección da executiva provincial do Partido Popular de Lugo no que estamos inmersos”, explica Raquel Arias. “Semella que lles gustaría poder saltarse etapas. Deben ter presente nembargantes que hai que facer cada cousa ó seu tempo”.

Así, a candidata popular salienta que “hoxe” o que toca é elexir aos compromisarios que representarán o vindeiro 6 de marzo a nove agrupacións locais da provincia. “Animo aos afiliados a que participen nesta elección, que exerzan o seu dereito ao voto e que o fagan en conciencia e con liberdade”, explica. “E pídolle ós responsables  do control desta votación que se aseguren de garantir a transparencia e o segredo do proceso”, remarca.

Na opinión de Raquel Arias, a explicación que se está a facer ante a militancia das diferentes concepcións que para o futuro do partido na provincia de Lugo teñen cada unha das dúas candidatas e a implicación que está a ter a militancia neste proceso “é, de por sí, un soplo de aire fresco para a nosa organización”. “Un soplo de aire fresco que necesitábamos e que estou convencida de que beneficiará ao Partido Popular de Lugo”, asegura.

Arias, que seguirá mantendo reunións coa militancia ata a celebración do cónclave, recalca que o congreso extraordinario do Partido Popular de Lugo celebrase o 6 de marzo. “Será entón, e non antes, cando se saiba o grao de respaldo que por parte dos compromisarios ten cada unha das candidaturas que se presentan”, conclúe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com