" />

Raquel Arias defende que a nova presidenta do PP só teña un cargo institucional

“A dirección do Partido Popular de Lugo require unha gran dedicación se queremos loitar contra a desafección e desencanto que senten os cidadáns no seu conxunto e os nosos afiliados en particular coas institucións e coa política en xeral”.

Raquel Arias, candidata a dirixir o PP de Lugo, entende que hai que “evitar a acumulación de cargos” polo que avoga porque quen ocupe a presidencia do partido “concentre o seus esforzos nese labor” e, en consecuencia, compatibilice ese posto con un “único” cargo institucional. “Hai que fixar prioridades”, asegura.

Do mesmo xeito considera que os órganos de dirección teñen que contar con militantes de base e no só con cargos electos e institucionais. Insiste a este respecto en que a pluralidade e a diversidade de voces no  partido resultan obrigadas para recuperar a confianza e respaldo que fomos perdendo nos últimos tempos. “O partido ten que ser un organismo vivo e en constante evolución”, e salienta que entre a militancia do Partido Popular de Lugo hai xente “con capacidade e actitude” para dar un paso adiante e asumir responsabilidades.

“Apostamos pola participación da militancia en todos os eidos da organización e funcionamento do partido. O punto de partida desta idea é darlle capacidade de decisión. Son os militantes os que deben elixir aos seus representantes en todos os niveis do organigrama do partido e a todos os efectos”, defendeu Raquel Arias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo