" />

Raquel Arias: “Non podemos concibir o noso partido sen ter presente o conxunto da provincia”

“O noso proxecto político concíbese de abaixo arriba, cos afiliados no centro de todo”, explicou hoxe a candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo durante unha reunión de traballo na que participaron medio cento de persoas entre alcaldes, voceiros e outros cargos da formación política. “Non se entendería tampouco sen ter presente o conxunto da provincia”, engadiu.

“Nós queremos un Partido Popular de Lugo aberto, dinámico, transparente, democrático e ilusionado e estamos convencidos de que só poderá ser así se o peso do seu funcionamento e organización conta en todo momento coa militancia”, dixo Raquel Arias durante o encontro no que estableceron as liñas a seguir nesta última semana de campaña. Unha actuación que, segundo acordaron, centrarase xa “en exclusiva” a achegar aínda máis a nosa concepción do partido ós compromisarios e “a explicarlles que a estrutura que propoñemos aséntase sobre catro áreas: participación; coordinación interinstitucional cun peso específico tanto para alcaldes e voceiros como para representantes electos; o territorio e a acción sectorial”. A este respecto, segundo consensuaron na xuntanza, unha máis das que realizan periodicamente, seguirán a transmitir a súa idea de que “o importante é que este é unha proxecto de conxunto, nin de cargos nin de nomes; un partido concibido dende a  cohesión e a interrelación de todos os seus integrantes”. “O partido ten que funcionar como un reloxo e só pode lograrse este obxectivo se todos os engrenaxes están perfectamente coordinados e motivados”, indicaron.

Durante o encontro de hoxe, todos os asistentes coincidiron en recoñecer que as estruturas piramidais pertencen xa ó pasado e que a experiencia demostra que levan á desafección e a parálise. “Ou evolucionamos e nos adaptamos ó sentir maioritario da sociedade ou non seremos capaces de afrontar con éxito os retos que temos por diante”, concluíron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo