Raquel Arias pide“que se respecten as regras do xogo”

“Non debemos olvidar os principios éticos e os valores que inspiran a acción política da nosa formación. A honestidade, a transparencia, a liberdade e a igualdade deben fundamentar o noso comportamento como políticos, pero sobre todo como persoas, tanto nas relacións cos cidadáns como no ámbito interno do partido”, explica Raquel Arias.

“En política, como na vida, non todo vale. Nin nas formas nin no fondo. Se reivindicamos exemplaridade debemos demostrala con feitos. E nesto, non hai medias tintas”, engade.

Para a candidata á presidencia do PP de Lugo, a integridade “nas palabras pero sobre todo nas actitudes” debe ser unha virtude esencial para calquera político deste partido. “Dificilmente poderemos aspirar á confianza dos nosos militantes se non somos capaces de miralos aos ollos e convencelos de que a acción política que defendemos busca o ben común”.

Neste contexto, Raquel Arias amósase segura de que o vindeiro día 6 de marzo os compromisarios terán a oportunidade de decidir “en liberdade e con ilusión” o futuro que queren para o Partido Popular de Lugo.

“Nós optamos por evitar situacións incómodas entre compañeiros que nada aportan ó proceso”, di. Por iso, o pasado venres xa presentou ante os órganos competentes da formación os 155 avais “necesarios” e da por seguro que a outra candidata fará o propio nos vindeiros días.

Neste sentido, a candidata lembra que “o procedemento que rexe este congreso impide que un mesmo compromisario avale a máis dunha candidatura. De feito, un aval duplicado quedaría automaticamente invalidado”.

“Estou convencida de que, coma min, Elena Candia cumprirá escrupulosamente as regras do xogo e, en aras do futuro do partido, fomentará que este conclave se desenvolva en harmonía e tendo sempre presente que todos somos o Partido Popular, e que é a nosa obriga enriquecelo e fortalecelo pero sobre todo mantelo unido”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com