Reabre o prazo para solicitar os descontos do 50% da matrícula no Campus de Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela abre hoxe mesmo e ata o 21 de outubro incluído un novo prazo de matrícula para estudar no Campus de Lugo. Haberá outro período de matriculación do 24 ao 26 deste mesmo mes. Durante ambos os dous prazos, a Deputación de Lugo ofrece descontos do 50% na matrícula para 10 titulacións da universidades luguesa. Estes son para primeiros estudantes do Campus. As solicitudes ou consultas poden facerse en www.paraestudarlugo.com; www.deputacionlugo.gal e www.usc.es.

As 10 titulacións no Campus de Lugo con bolsas da Deputación son: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Grao en Enxeñaría Civil; Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Grao en Lingua e Literatura Españolas; Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural; Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Grao en Administración e Dirección de Empresas. Ao mesmo tempo que se solicita a praza nunha destas titulacións, pídese a beca da Deputación para aforrar a metade do custo da matrícula.

“Para estudar Lugo” pon en valor as vantaxes de estudar en Lugo. Algún deles son a formación e a especialización que ofrece a USC lucense, a calidade de vida que ofrece a provincia luguesa ou os prezos no aluguer vivenda, que son os máis baixos de Galicia. Ademais, o Campus Terra da USC constitúe unha alternativa universitaria moi a ter en conta polos estudantes que están a piques de comezar os seus estudos de grao porque a sede universitaria luguesa é garantía de “máxima calidade” académica e científica, ao tempo que presenta as taxas de matrícula máis baratas de todo o panorama universitario español, grazas ao plan de achegas impulsado pola Deputación Provincial de Lugo e a USC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com