" />

Reactívase a convocatoria do posto de Dirección da Banda Municipal

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, informou que, co avance do proceso de desescalada, reactivouse o proceso selectivo para o acceso á praza de Dirección da Banda de Música Municipal.

“O procedemento será por oposición libre e a persoa que acade a praza asumirá a xefatura tanto do servizo da Banda como da Escola Municipal de Música” informou Maite Ferreiro que sinalou “así darase cobertura á dirección da banda de música que está vacante dende a xubilación do anterior director en setembro de 2016, e permitirá consolidar a Banda Municipal e a Escola de Música”.

A praza a cubrir é do grupo A1 e as persoas que se presenten deberán acreditar, entre outras, a titulación superior de música na especialidade de dirección de orquestra. As persoas interesadas poderán comezar a presentar as solicitudes, e o prazo durará 20 días hábiles.

As probas constarán dun exercicio teórico e dunha proba práctica na que as persoas aspirantes terán que instrumentar unha obra, facer unha análise completa dunha partitura e dirixir un ensaio da banda con dúas obras musicais. O temario consta de 72 temas e unha vez resolto o proceso selectivo para a cobertura definitiva da praza crearase unha lista de agarda coas persoas que superarán a proba selectiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo