Recepción dos alumnos do instituto de Becerreá na Deputación, gañadores do “Parlamento Xove 2015”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Deputado provincial e Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e pola Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, recibiu este mércores a unha decena de alumnos de bacharelato, dous profesores e o director do IES de Becerreá logo de resultar gañadores na final do certame Parlamento Xove 2015.

Gómez Besteiro, que tamén participou na recepción dos alumnos, felicitounos pola súa vitoria no campionato autonómico e animounos a continuar participando e impulsando iniciativas coma esta que “afondan en valores democráticos como o debate e a participación cidadá, valores que son claves para o bo funcionamento dunha sociedade libre”.

Manuel Martínez destacou que “un colexio público e do rural como o de Becerreá está actualmente entre os mellores de Galicia, tanto a nivel do alumnado como do profesorado”. O Alcalde incidiu tamén en que “estas son as noticias que nos gustan dar, que se recoñezan os méritos por cousas positivas”.

O concurso do “Parlamento Xove 2015” consiste nun conxunto de debates entre alumnos de distintos centros educativos de toda Galicia, co obxectivo de fomentar o intercambio de ideas, a práctica da dialéctica democrática e potenciar habilidades individuais e en grupo tales como a recollida e selección de información, a argumentación de ideas ou o respecto ás opinións dos demais.

Á final deste concurso, no que participaron 43 equipos de 37 centros educativos galegos, chegaron tan só 16 grupos de 14 centros, entre os que se atopaba o IES de Becerreá, resultando finalmente gañador do certame nesta edición. O tema de debate no que se fixeron co primeiro premio foi “Foméntase desde os fogares a falta de respecto ao profesorado na escola?”, reflexionando sobre as carencias e potencialidades da educación nos fogares con relación aos centros de ensino.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com