" />

Reinícianse as obras para completar a rede de abastecemento de auga en Orbazai

Esta semana deron comezo as obras para completar a rede de abastecemento na parroquia de Orbazai. As obras  que conta cun prazo de execución de dous meses, concéntrase na construción da traída no núcleo de Penarrubia.
O edil Miguel Fernández destaca a importancia dos traballos “en tanto permitirán rematar unha infraestrutura básica como é a distribución de auga potable, moi demandada pola veciñanza da contorna”.

Miguel Fernández destacou igualmente que a actuación, financiada con fondos procedentes do Plan Único, contempla as tarefas de desinfección nas canalizacións realizadas con anterioridade e que aínda non entraron en funcionamento. Así, proximamente, procederase á limpeza e saneamento das tubaxes instaladas en A Torre, O Cabalo, A Malladoira e Taboelle ante a inmediata posta en marcha da subministración.
“En canto remate, o abastecemento da parroquia de Orbazai ficará concluído integramente e xa estamos en disposición de avanzar que, en vindeiras datas, comezarán as obras para acometer o de Bocamaos ”, engadiu o concelleiro.

Novas relacionadas

  1. Mariluz Teijeiro Vázquez
    Mariluz Teijeiro Vázquez
    Xuñ 16, 2020 - 07:40 PM

    Por fin. 🚜

    Reply
  2. Antonio Fernandez
    Antonio Fernandez
    Xuñ 16, 2020 - 04:32 PM

    Hera hora que lo hicieran

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo