" />

Reinícianse os traballos de asfaltado na rúa Río Sar

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas,  informou do inicio dos traballos de adecentamento e asfaltado na rúa Río Sar, no barrio da Cheda. Segundo afirmou Alexandre Penas, “o inicio desta actuación estaba previsto para iniciarse no mes de marzo, máis a crise sanitaria do COVID-19 obrigounos a pospoñelo”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente. Segundo o edil de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza e necesaria para mellorar a imaxe do entorno, xa que se trata da última rúa do barrio da Cheda que quedaba por asfaltar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo