Ribadeo acollerá o Campionato de España de Seleccións de Rugby 7 femenino

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, xunto co Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e membros da directiva da Federación de Rugby, presentaron o Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7, que se celebrará en Ribadeo o vindeiro sábado 29 de xuño. O executivo provincial colabora con esta cita deportiva achegando 5.000 euros para a promoción do deporte feminino na provincia.

Campos Conde destacou “a importancia de potenciar o deporte feminino neste momento clave para alcanzar a igualdade. O rugby é un deporte que non para de medrar en número de fichas e afección. Queremos convidar a todos os afeccionados a asistir e apoiar as nosas xogadoras, para que se sintan acompañadas e entre todos consigamos superar a invisibilización do deporte feminino”.

O campionato enfrontará ás actuais campioas, a selección galega, contra as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo