" />

Ribeira Sacra Breogán recibe esta noite e o domingo ao Ourense no terceiro e cuarto encontro da final de ascenso a ACB

Ribeira Sacra Breogán recibirá ao Club Ourense Baloncesto no terceiro e cuarto encontro da final de ascenso a ACB os vindeiros esta noite ás 21:00, e o domingo ás sete e cuarto.
Escoitamos a previa do adestrador lucense, Lisardo Gómez:

Os prezos das entradas serán os mesmos de todo o play off. Os aboados entrarán co seu carné, e ademais terán a opción de mercar unha entrada para un acompañante a un prezo reducido de 5 euros presentado o carné de abono desta tempada.
Para os non aboados, os prezos serán os habituais de 15€ senior; 10€ estudantes menores de 25 anos e persoas maiores de 65 anos; 5€ menores de 18 anos. Os nenos pagarán a partir dos 4 anos de idade.
Pola súa banda, Club Deportivo Lugo recibirá ao Albacete no estadio Ángel Carro o domingo a partir das seis. O partido corresponde á cuadraxésimo primeira xornada da LigaAdelante, e será televisado por LaLigaTV.es

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo