" />

Ricardo Varela: “Os que soubemos construír o Estado do Benestar, seremos capaces de reconstruílo”

O candidato ao Senado, Ricardo Varela, participou este martes en Lugo, na campaña de mobilización do Partido Socialista na capital da provincia. Varela dixo que os que “soubemos construír o Estado do Benestar no noso país, seremos capaces de reconstruílo”.

Criticou a política de recortes impulsadas polo PP. “Hoxe hai máis paro, máis precariedade, máis recortes, máis pobreza e menos dereitos laborais”. Sobre a sanidade alertou que dende a entrada en vigor, hai catro anos do R. Decreto 16/2012, Rajoy e o PP racharon co modelo de sanidade universal, impulsado por gobernos socialistas”. E afirmou que  “o PP comezou o camiño de desmantelamento do sistema de sanidade e a súa privatización”. Nese senso avanzou que o PSOE “eliminará o copago sanitario, para que as persoas se preocupen de superar a súa enfermidade e non de pagar o seu tratamento. E España volverá a ter unha sanidade pública universal”.

Ademais destas propostas tamén se referiu aos servicios sociais. “Realizaremos unha blindaxe dos servizos sociais públicos como o cuarto piar do Estado do Benestar, incorporando na Constitución o dereito dos cidadáns a acceder aos servizos sociais para facilitar unha protección adecuada a todos e a todas”. Anunciou que si o PSOE goberna España “comprometémonos a poñer en marcha un plan de emerxencia social no primeiro ano de mandato, que inclúe, entre outras medidas, un ingreso mínimo vital de alo menos 426 euros ao mes para os 720.000 fogares que non reciben ningún tipo de prestación”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo