" />

Rielo e Núñez substituirán a González Santín e Díaz Grandío no Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe que no Pleno ordinario deste xoves formalizaranse as dúas renuncias dos edís Juan Carlos González Santín, e máis José Manuel Díaz Grandío. As persoas que se incorporarán ao Goberno son as seguintes na lista socialista ás municipais: Rosana Rielo, que ocupará o posto de Díaz Grandío, e Manuel Núñez, que fará o propio co de González Santín..

A renuncia de Juan Carlos González Santín, “obedece aos estatutos do partido, que establecen un cargo por persoa”, xa que tamén e deputado no Parlamento Galego, e a outra, a do Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, debida “a cuestións persoais, moi ao noso pesar”, sinalou Méndez.

Rosana Rielo, vella coñecida a pesares da súa idade na política municipal, foi a encargada da Concellería de Xuventude do goberno local socialista entre os anos 2003-2007. A partir de 2008 entra de novo no Concello ocupando a praza de Fernández Liñares pola marcha deste á Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Ademais, subtituíu a Sonia Méndez, Concelleira de Economía, a pasada lexislatura debido a unha baixa por maternidade.

O mesmo ocorre con Manuel Núñez, responsable da área de Servizos Xerais e Participación Cidadá na última lexislatura do socialista López Orozco.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo