Rodil propón “reformular” a estratexia turística da Xunta de Galiza”

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Quiroga, na Ribeira Sacra lucense, onde destacou a necesidade de “reformular” a estratexia turística da Xunta de Galiza. “Galiza non é só sol e praia, temos unha gran variedade de atractivos turísticos que pór en valor desde a Xunta”, afirmou Olalla Rodil.

Rodil aposta por fomentar “o turismo nos nosos espazos naturais, buscando o equilibrio territorial e a preservación de espazos. “isto convertería a moitas zonas do noso rural en motores de emprendemento que crearían postos de emprego de calidade, fomentándose tamén o turismo de interior, para acabar coa estacionalidade do sector”.

 Para Olalla Rodil, “a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade pode converter a esta zona nun motor do turismo de calidade” así como outras zonas da provincia. “Malia todo, o turismo debe ser unha actividade complementaria, temos que desenvolver o tecido produtivo de Galiza e garantir os servizos públicos para poder fixar poboación no rural”, declarou 0Olalla Rodil.

”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com