Rubén Arroxo anuncia que reclamará ás administracións solucións para as necesidades da cidade

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, dixo que “os concellos teñen que ser a ferramenta para defender os dereitos de veciños e veciñas”. Arroxo reivindicou a construción dunha rotonda para enlazar a N-VI coa Avenida Afonso X. Asemade declarou que “seguiremos reclamando medidas de seguridade para un dos víais que máis tráfico soporta neste concello e no que se teñen producido importantes sinistros”. Arroxo dixo que “as grandes obras deixanlle moitos beneficios ás grandes empresas pero nos apostamos por facer obras que lle faciliten a vida aos lucenses.”

Arroxo dixo que “está claro que Orozco non fixo nada en 16 anos por resolver este asunto e Castiñeira non vai levantar o teléfono porque non quere molestar aos seus, no vaia a ser que o castiguen” e engadiu que “somos nos, unha vez máis, os que nos preocupamos por Lugo e polas cousas que lle importan á xente”. Rubén Arroxo lembrou que o BNG xa presentou diversas iniciativas no Congreso dos Deputados para pedir esta infraestrutura necesaria para a cidade. Tamén destacou que “trátase dun investimento que non é cuatioso e que evitaría, diariamente, centos de situacións de risco para quenes por alí transitamos”.

Membros da candidatura do BNG – AA colocaron unha pancarta reinvidicativa sobre a N-VI e Arroxo lembrou que, “recemente levamos a cabo unha campaña pedindo os carrís de incorporación noutro tramo da N-VI porque sabemos que se poden facer, que son necesarios, e que é cuestión de vontade política levar a cabo esta obra”. A N-VI entre a Av de Madrid e Garabolos funciona como unha circunvalación á cidade de Lugo. Esta reivindicación súmase a outras que o BNG ten dirixido ao Ministerio de Fomento como son o arranxo da capa de rodadura da N-640 ou a posta en funcionamento do alumeado nas rotondas da Ronda Norte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com