" />

Rubén Arroxo propón acordos con particulares para a creación de aparcadoiros en tres zonas da cidade

Logo de que o pleno do Concello de Lugo, aprobara recentemente unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade. O voceiro municipal Rubén Arroxo solicita buscar acordos cos propietarios para crear aparcadoiros gratuítos que sirvan como aparcamentos disuasorios para evitar a masificación de vehículos nas rúas da cidade.

Rubén Arroxo sinalou que “se reducimos o número de vehículos que acceden ao centro da cidade en busca de aparcadoiro poderemos avanzar facilmente na peonalización do casco histórico e da ronda da muralla”. Para exemplificar a proposta Rubén Arroxo sinalou un total de seis terreos que neste se momento se atopan baleiros e que poderían utilizarse como aparcadoiros disuasorios “é una cuestión de vontade e de que o gobernó municipal negocie cos propietarios para poñelos ao servizo das veciñas e veciños mentres os seus donos no fagan uso destes predios” dixo Arroxo.

O voceiro do BNG – AA indicou que “tal e como xa expoñiamos na proposición aprobada no pleno o concello encargaríase do coidado e preparación dos terreos e os propietarios podería ten algún tipo de beneficio fiscal pola súa cesión temporal”. Rubén Arroxo indicou que algúns dos predios propostos xa funcionaron como aparcadoiros en algún momento e “entendemos que se o goberno municipal contacta cos propietarios será doado chegar a un acordo”.

Os seis terreos suman un total de 13.000 metros cadrados e poderían albergar, dependendo do deseño e das posibilidades de aproveitamento uns 500 vehículos.

As ubicacións propostas polo BNG – AA darían solución aos problemas de aparcamento do centro da cidade e a zonas que neste momento teñen saturadas as prazas de aparcamento existentes. Arroxo explicou sobre os predios propostos “non son máis que exemplos para que o goberno municipal vexa como se poden iniciar conversas con propietarios concretos e empezar a dar solución a problemas reais que ten esta cidade” e engadiu “trátase de facer pequenos investimentos na adecuación dos terreos para que se poidan usar como aparcadoiros mentres os seus donos non deciden darlles uso e que no momento en que os reclamen queden libres se maior problema”. Arroxo sinalou que “creando estas 500 prazas de aparcamento gratuíto o problema de aparcamento da cidade quedaría practicamente resolto”.

A proposta establece tres áreas de actuación: zona centro, Avda das Fontiñas e Avda. da Coruña.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo