Sae a licitación o novo contrato de Axuda no fogar, no que investirá preto de 34 millóns  nos próximos 5 anos

O novo contrato, cuxo orzamento base de licitación ascende a 11.755.936,30 euros, sae a contratación por un período de 2 anos coa posibilidade de prorogarlo ata un máximo de cinco. Ademais nas bases xa se contempla un posible incremento do 20% pola fluctuación dos prezos, o que supón que o valor máximo do contrato supoñerá un investimento de 33,911.354 millóns de euros. “O eixo sobre o que pivota toda a nosa xestión municipal son as persoas. Ningún lucense vai quedar atrás, a atención ás nosas persoas maiores é e seguirá sendo unha prioridade para o noso Goberno”, sinalou a responsable de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde.

“Este contrato incorpora unha serie de novidades que redundarán nun mellor funcionamento do servizo e unha mellor atención ás persoas usurarias. Deste xeito, o Concello esixe ás empresas concursantes presentar un anexo que desagregación no prezo presentado por hora. Así, evitamos baixas temerarias, garantimos a correcta atención das persoas maiores e asegurámonos que os traballadores e traballadoras desempeñen o seu labor nunhas condicións dignas. Por outra parte, increméntase o persoal técnico xa que aspiramos a contar cun axudante de coordinación do SAF, o que sen dúbida repercutirá de forma positiva, xa non só no servizo prestado, senón á hora de valorar as necesidades das persoas usuarias”, apuntou a edila de Benestar Social.

Ademais, como novidade “inclúese” unha bolsa económica que cubra servizos de transporte adaptado para realizar acompañamentos a xestións e consultas médicas”  e mellórase  as do servizo de fisioterapia a domicilio e podoloxía.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com