" />

O San Froilán 2017 costa uns 138.000 euros aos petos dos lucenses

O Goberno de Lugo presentou esta mañá, nunha xuntanza da Comisión de Festas do San Froilán, as contas sobre o orzamento destes festexos, que se situou nos 639.300 euros. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nunha reunión que tivo lugar no Salón de Comisións, na que participaron técnicos da área de cultura así como representantes dos distintos grupos da Corporación Municipal e na que explicou que desta cantidade, 501.584 euros foron de diferentes ingresos, polo que o custo real dos festexos para os lucenses foi de 137.716 euros. O San Froilán foi  neste 2017 unha festas para enmarcar pola altísima particIpación rexistrada e o gran ambiente e animación vivido nas rúas.

Tal e como informou a edil, os ingresos (501.584 euros) prodeceron principalmente do feiral (349.939,20 euros) e das casetas do polbo (120.044,90 euros), así como distintos patrocinadores: Axencia Galega de Turismo (20.000€), Abanca (5.000€), Gadis (2.500€), Calfensa (1.500€) e Editorial MIC (2.600€).

En canto aos gastos, Basadre subliñou que o Concello xa ten pagado 610.627,09 euros no que a gastos se refire, tanto de infraestruturas, promocións e difusións, prevención de riscos, producións, stands, carpas ou iluminación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo