Santos Ramos pide á mocidade que compatibilice o seu ocio co respecto aos espazos públicos

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, facía esta mañá un chamamento ao civismo instando á cidadanía, especialmente á mocidade, a compatibilizar o seu ocio co respecto aos espazos públicos.

O concelleiro relatou que a celebración, esta pasada madrugada, dun botellón no parque Rosalía de Castro deixou un saldo de “importantes danos no mobiliario urbano así como ás especies vexetais do recinto no que, ademais quedou acumulado unha gran cantidade de lixo”.

“Dende cristais rotos, que poden ser un foco de perigo para o resto de usuarios das instalacións, pasando por plásticos, botellas, etc… a imaxe de sucidade que presentaba hoxe este espazo resulta inaceptable, sobre todo tendo en conta que hai numerosas papeleiras nas que depositar estes envases evitando primeiramente a contaminación da contorna pero tamén unha imaxe lamentable de desleixo, que non se corresponde coa realidade e que prexudica ao conxunto da cidade e, sobre maneira, á veciñanza que reside nas inmediacións”.

Santos Ramos indicou tamén que para “eliminar a resaca que este botellón deixou no parque, foi preciso pór en marcha un dispositivo especial de limpeza” ao tempo que se deu orde, tamén, de proceder á retirada das pólas das árbores estragadas. Circunstancia que o responsable de Medio Ambiente aproveitou para afear “o comportamento vandálico de quen atopa divertido estragar o patrimonio de todas e todos, danando o ecosistema” e insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións como a acontecida hoxe”.

O parque de Rosalía de Castro quedou completamente acondicionado e limpo a media mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com